FÁBRICA DE SALGADURA

Civil
943

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: San Cibrao

Avenida da Mariña

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 52.6" N - 7º 26' 14.4" W

Descrición

Antiga fábrica de salgadura que data de finais do século XIX. Os restos que se ven son o resultado dun incendio que tivo lugar a principios do século XX. Na súa construción orixinal a fábrica constaba dunha planta baixa que aínda se pode observar actualmente e unha planta superior que servía como vivenda da familia propietaria.

Acceso

Dende a estrada nacional N-642, collemos o desvío ata San Cibrao e xa na estrada principal seguimos ata cruzar a ría e o parque e chegamos o centro de San Cibrao onde poderemos seguir as indicacións que nos levan ata o faro Punta Atalaia. Alí detémonos no aparcamento do Bar Pedregal e xa nos atopamos a escasos metros da fábrica de Salgadura.
Arriba