CRUCEIRO DA IGREXA

Etnográfico
404
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Codeso (Santaia)

Lugar: Casaldesuso

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 07.9" N - 8º 24' 00.5" W

Descrición

Cruceiro sobre catro gradas de sección cadrada, base de corpo principal prismático e moldurado segundo ascendemos. Fuste de sección cadrada en inicio e final e octogonal no resto. Capitel composto por unha sucesión de molduras. Cruz de sección circular con sendas imaxes de Cristo crucificado e a Virxe Dolorosa.

Acceso

Dende a estrada AC-960 no lugar do empalme de Vilar, cóllese a AC-240 dirección Codeso e no lugar de Casaldesuso, o cruceiro sitúase preto da igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba