TORRES DO COMAREIRO

Civil
590

Localización

Parroquia: Serramo (San Sebastián)

Lugar: O Comareiro

151274  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 03' 44.4" N - 8º 59' 04.4" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Neste pazo do século XVI composto por diferentes corpos construtivos é de destacar os restos dunha antiga torre, visible no seu lado norte. Entre a poderosa construción de perpiaños ábrense unha fiestra en arco de medio punto e unha porta no lado leste tamén rematada en arco de medio punto de grandes dovelas. Sobre a torre, unha cheminea de cantaría. No escudo de armas represéntanse lobos e unha árbore sobre unha ponte de tres arcos. O fundador do vínculo do Comareiro (1580) foi Gonzalo de Pazos e Señoráns, sucedido por Gómez de Rioboo Vilardefrancos, capitán e meiriño dos condes de Altamira en Vimianzo.

Acceso

Saír de Vimianzo pola rúa Tedín e continuar até o Arxomil. Virar á dereita e despois á esquerda en dirección a Serramo. Desde alí ir en dirección á aldea do Comareiro.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba