MUÍÑOS DE BAREDO

Etnográfico
761
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Baredo (Santa María)

36309  Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 41.7" N - 8º 52' 23.5" W

Descrición

Conxunto de muíños restaurados aos que se chega a través dunha senda fluvial de 760 metros. Esta senda ten dúas posibles entradas, unha próxima ao restaurante Rocamar, onde se encontra un panel informativo coa duración do percorrido e un pequeno mapa de situación dos muíños, no que se especifica cales están rehabilitados.
Outro posible acceso é a través da parroquia de Baredo. Próximo á igrexa parroquial existe un lavadoiro, no que se encontrará o mesmo panel informativo.
Os muíños denomínanse: o 1º muíño do "Barreiro", o 2º "Da Maquía", o 3º "O Pinicho", 4º "A Foupa", 5º "A Torre", 6º "O Cogulado de arriba, 7º "O Cogulado do Medio" e o 8º "O Cogulado de Baixo".
O proceso de funcionamento dos muíños, pódese observar nos atrís que hai situados ao pé de cada un. Neles explícase a historia dos muíños de canle, o seu funcionamento, as partes que compoñen un muíño etc.

Acceso

A 2 km. do núcleo urbano dirección A Guarda pola estrada PO-552.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!