CASTELO DE SANTA CRUZ

Civil
661
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 16.2" N - 8º 52' 22.2" W

Descrición

Forma parte dos sistemas defensivos que se construíron no tramo final do río Miño durante a Guerra de Independencia no s. XVII entre España e Portugal. A fortaleza, coñecida popularmente como Castelo, construíuse ao redor de 1664. A planta é de polígono irregular, con catro baluartes que sobresaen da muralla. Nos baluartes localízanse as garitas ben labradas en pedra. Aberto todos os días como espazo público.
O Centro de Interpretación está no interior do Castelo de Santa Cruz e ocupa a única edificación existente. Os paneis informativos, situados na 2ª planta do mesmo, facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado por esta fortaleza no sistema de fortalezas abaluartadas transfronteirizas e de épocas posteriores. Aberto fins de semana e festivos. Inverno: 11-14h e 16-19h e verán: (15/06 ao 15/09): 11-14h e 18-21h). Taxa: 1€ adulto e 0,50€ nenos. Primeiro sábado de mes gratuíto.

Acceso

O castelo ten dúas portas de acceso e os accesos están indicados e son peonís. A porta da Vila é acceso máis próximo ao casco antigo dende a rúa Porto Rico hai un camiño de 130 metros con algo de pendente. O outro acceso é dende a rúa Santo Domingo Guzmán cun camiño de case 400 ata a porta de Socorro.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba