MURALLA MEDIEVAL NA RÚA BAIXO MURO

Civil
675
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 01.9" N - 8º 52' 25.7" W

Descrición

Consérvanse tramos da antiga muralla medieval na rúa Baixo Muro e rúa Ireira. A presenza desta fortificación amosa a importancia estratéxica da Guarda na Idade Media. Constaba de dúas portas, unha xunto a Torre do Reló e outra nas escaleiras que baixan cara ao Convento de San Benito, xunto onde se atopan as actuais rúas Baixo Muro e rúa Colón. No seu interior estaba o antigo Hospital de Pobres de San Marcos e no seu exterior a actual praza do Reló. Algúns escritos indican que esta muralla se desmantelou en parte no século XVII para empregar a pedra na rápida construción do Castelo de Santa Cruz.

Acceso

Para acceder á rúa Baixo Muro ten que ser dende a rúa Colón xa sexa polas escaleiras dende o porto (rúa Concepción Arenal)  ou dende a Praza do Reló.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba