CASCO ANTIGUO

Civil
543
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

Praza do Reló

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 04.5" N - 8º 52' 26.9" W

Descrición

O casco antigo localízase  en torno ao porto pesqueiro, reflexo do pasado e presente mariñeiro. Nun agradable paseo pódese coñecer parte do patrimonio da vila que se foi creando co paso dos séculos como o Convento de San Benito, a muralla medieval, a Praza do Reló onde se localiza o edificio do concello, a Oficina de Turismo e a Torre do Reló, antiga torre medieval, e a poucos metros atópase a Igrexa de Santa María.

Acceso

É recomendable achegarse ao casco antigo a pé dende a Rúa Galicia, Joaquín Alonso ou ben pola rúa Colón dende o porto pesqueiro.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba