FONTE DE TRONCOSO

Civil
535

Localización

Paseo do Tea

36890  Mondariz-Balneario - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 34.7" N - 8º 28' 31.9" W

Descrición

O párroco Blanco Lage pediu a construción dunha estrutura de pedra en forma de bañeira, para acondicionar a fonte para tomar baños, no ano 1862.
En 1908 construíuse a fonte definitiva, un edificio con salón de descanso, retretes e terrazas con vistas ó Tea. Cubriuse cunha marquesina de ferro e cristal. Tamén se fixo un departamento de embotellamento para a comercialización das augas minero-medicinais.
Hoxe aínda existe a fonte coa marquesina de ferro e o edifico anexo en abandono.

Acceso

A fonte de Troncoso atópase a 1 km. do centro da vila de Mondariz Balneario, na beira do río Tea.
Dende o centro da vila pódese ir en coche ata o comenzo do Paseo do Tea onde haberá que recorrer a pé uns metros para chegar á fonte.
Arriba