MUÍÑO DE O PICÓN

Etnográfico
466

Localización

Parroquia: Loiba (San Xulián)

Lugar: O Picón

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 44' 38.9" N - 7º 44' 28.4" W

Descrición

Muíño de vento construído na década de 1880.
Trátase dun muíño fixo de torre cilíndrica con cuberta xiratoria. A porta está situada na cara SE, unha fiestra na planta baixa na cara NO e outras na planta alta. Na parte superior leva pezas de cantería cun rebaixe que servían para xirar a cuberta. Ten unha altura total de 4,75 m e un diámetro interior de 4 m. A cuberta, hoxe inexistente, era cónica de madeira e cun catavento no seu punto máis alto. Tiña dúas pedras, unha para o trigo e outra para o millo, esta última procedente de Bares.
Actualmente é propiedade privada, sendo esta dos descendentes do primeiro propietario e construtor deste o outros muíños de vento, D. José Domínguez Fernández.

Acceso

Dende Santa Marta de Ortigueira coller a AC-862 dirección Viveiro e continuar uns 12 km ata a parroquia de Loiba. Alí tomar a DP-6104 dirección O Picón e seguir outros 2,8 km.
Arriba