PETO DE ÁNIMAS DOS GARDAS CIVÍS

Etnográfico
783
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Bora (Santa Mariña)

Lugar: As Pontes

36154  Pontevedra - Pontevedra

Descrición

Peto de tipo pechado, pegado á fachada dunha casa, consta de dúas partes. A superior mostra dúas garda civís que montan garda con escopeta e baioneta e unha custodia. Ten unha fenda na mesa de pedra para recoller esmolas que caen nun oco pola parte interior da casa. Na zona inferior atópase o retablo de ánimas. Realizado en pedra, coa policromía case desaparecida, mostra ao Espírito Santo en forma de pomba, sobrevoando as cabezas de Cristo crucificado e dúas virxes. Debaixo delas aparecen tres figuras: un bispo, un cura e unha muller.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba