CRUCEIRO DO CEMITERIO DE CIRCES

Etnográfico
844

Localización

Parroquia: Circes (Santa Mariña)

Lugar: Os Chaos

15828  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 10.2" N - 8º 13' 28.8" W

Descrición

Realizado en granito. Cruz de sección circular con remates decorados, ten as figuras de Cristo crucificado no anverso e Virxe en actitude de orar no reverso; capitel de forma cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achaflanados, follas de acanto e querubíns; fuste de sección cadrada con chafráns e pedestal cúbico rematado con chafráns que se apoia sobre plataforma cuadrangular de dous chanzos.

Acceso

En automóbil son 9,9 quilómetros, uns 15 minutos saíndo da capital municipal, Fonte Díaz. Débese seguir a AC-240 dirección Norte pasando polos lugares de Barral e Santaia. Neste último xirar a dereita cara a área recreativa de Santaia e continuar recto ata o lugar de Outeiro. Neste cruce coller a man dereita e continuar por esa estrada durante 1,5 qm. ata o lugar de Mane, alí xirar a esquerda e continuar 1,6 qm. Neste punto, xirar a dereita e cotinuar recto pasando polos lugares de Sartes e Carballiño, despois xirar a dereita na primeira pista e xa chegamos o recurso.
A pé son 9,9 qm, aproximadamente 2 horas.
Arriba