IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE OLVEIRA

Relixioso
465
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveira (Santa María)

Lugar: Bretal

15969  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 35' 26.9" N - 9º 01' 58.0" W

Descrición

O templo foi inaugurado en 1967 polo arcebispo Quiroga de Palacios. A súa construción seguiu as directrices do clasicismo. 
Destaca a lonxitude da nave, 30 m, cunha base en cruz. No seu interior, aloxadas no altar, consérvanse as reliquias dos santos mártires Nectario e Victorina cuxa datación remóntase ao s. III. 

Acceso

Dende Ribeira tomamos a estrada xeral C-550 en dirección a Porto do Son e Noia. Aproximadamente a 5 km do centro urbano do pobo, atopamos unha rotonda. Tomamos a 3ª saída en dirección Olveira e Corrubedo pola estrada AC-303. Seguindo esa estrada, aproximadamente a 2,7 km á esquerda atópase a igrexa.
Outra opción é  tomar dende Ribeira a estrada xeral C-550 en dirección a Porto do Son e Noia. A 2 km aproximadamente do núcleo urbano atopamos unha rotonda. Tomamos a 2ª saída e na seguinte rotonda tomamos a 3ª saída en dirección a Corrubedo pola estrada CP-7304. A 4 km aproximadamente desa segunda rotonda, tomamos un desvío indicado á dereita, pola estrada AC-303. A 700 m, aproximadamente, despois de tomar o desvío atópase a igrexa ao pé da estrada. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba