IGREXA DE NOSA SEÑORA DO CARME EN AGUIÑO

Relixioso
795
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Aguiño (Nosa Señora do Carme)

Lugar: Aguiño

Rúa Manuel Murguía 6

15965  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 31' 32.7" N - 9º 00' 57.2" W

Descrición

Trala confirmación como parroquia en 1959 (ata esa data pertencía á parroquia de Carreira) a Igrexa Parroquial de Aguiño comezou a súa construción cun deseño do prestixioso arquitecto galego Antonio Tenreiro, sendo o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego salientando a relevante sona do Vía Crucis, de man do carismático párroco local Francisco Lorenzo Mariño, con aspecto propiamente mariñeiro. O templo foi consagrado o 14 de Xullo de 1967, polo cardeal Quiroga Palacios, dando ese día a súa primeira misa en galego. Tamén se pode salientar a disposición funcional da igrexa, máis larga que longa, permitindo unha capacidade aproximada de 400 persoas, con tres posicións arredor do altar.

Acceso

Dende Santa Uxía de Riveira debemos coller cara Fafían a DP-7305 que nos leva a Aguiño. Unha vez alí atravesaremos a estrada principal da parroquía, a Rúa Francisco Lorenzo Mariño, que nos conduce cun desvío a man esquerda cara a Rúa Manuel Murguía, onde se atopa a Igrexa Parroquial de Nosa Señora do Carme.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Rexionalista
Arriba