FÁBRICA DE SALAZÓN

Civil
1051

Localización

Parroquia: Camelle (O Espírito Santo)

Lugar: Camelle

15121  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 09.3" N - 9º 05' 25.8" W

Descrición

Fábrica de salazón de finais do século XIX, froito do auxe pesqueiro do momento que aproveitaron empresarios cataláns construíndo salgadeiras por toda a costa galega. En xeral, estaban adicadas á sardiña e ao congro.
No caso de Camelle, construíuse unha na zona do peirao e tres máis na marxe contraria. Neste caso, a do peirao, responde a unha tipoloxía típica de planta rectangular, dividida en tres espazos que correspóndense coas fases do proceso de salgadura do peixe pero no exterior convértense nun só elemento común con cuberta a dúas augas.
A súa actividade cesou fai máis de corenta anos e supuxo o paulatino deterioro da construción.

Acceso

Pola AC-432 dirección Camariñas ata o desvío á dereita para coller a estrada de Camelle DP-1601.
Arriba