HÓRREO DE OUTEIRO

Etnográfico
701

Localización

Parroquia: Loxo (Santa María)

Lugar: Outeiro

15823  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 20.1" N - 8º 20' 42.4" W

Descrición

Este hórreo sobre celeiro é de tipo mixto de pedra e madeira, sendo o máis rechamante o uso de laxes de xisto tanto na fachada coma no tornarratos que discorre por toda a estrutura. A porta de acceso é de madeira. O celeiro presenta porta de madeira de entrada lateral, chan de pedra e espazo sen divisións. Este hórreo foi declarado BIC no ano 2017. Pódese visitar.

Acceso

En automóbil son uns 4,2 quilómetros, uns 6 minutos saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal coller a estrada AC-240 dirección Ponte Ulla ata chegar a parroquia de Loxo, alí xirar a esquerda seguindo a sinalización. Continuar por esa estrada ata atopar un cruce a man esquerda cara o lugar de Outeiro, onde se atopa o recurso.
A pé son uns 56 minutos seguindo o mesmo percorrido.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba