MUÍÑO DE GRIXÓ

Etnográfico
556

Localización

Parroquia: Foxás (San Breixo)

Lugar: Grixó

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 56.9" N - 8º 21' 26.7" W

Descrición

Recurso antigo que sufriu unha reconstrución recentemente e presenta un moi bo estado de conservación. Exteriormente presenta paredes de pedra e cemento. O tellado está constituído por tella a dúas augas. Interiormente conta co pé e a capa. Tamén se pode apreciar o rodicio e a canle pola que circulaba a auga que entraba en dito muíño e que servía de recurso enerxético para o proceso de moer.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal, son 12,8 quilómetros, uns 16 minutos, hai que coller a AC-240 dirección Ponte Ulla, e xirar no segundo cruce á esquerda, seguindo a sinalización de Foxás, manterse sempre nesa estrada ata chegar a intersección onde deberemos xirar á dereita. Continuaremos recto uns 9 quilómetros pasando por San Pedro, Remesquide, Obra, ata chegar a un cruce a man esquerda onde xiraremos e seguiremos a sinalización que indica Foxás de Abaixo e Grixó, continuar recto ata pasar Foxás de Abaixo, uns 200 metros e xa atopamos a sinalización da área recreativa de Grixó- Foxás onde se atopa o recurso.
A pé o mesmo percorrido e levaría 2 horas aproximadamente.
Arriba