POMBAL DOS CHAOS

Etnográfico
392

Localización

Parroquia: Circes (Santa Mariña)

Lugar: Os Chaos

15828  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 12.1" N - 8º 13' 26.6" W

Descrición

Construción de planta circular a partir de muros de cachotería, agás porta de acceso que é de cadeirado. Presenta as súas fachadas lucidas con morteiro de cemento, así como lousas que sobresaen do mesmo á altura dos buracos practicados para a entrada e saída das pombas. Cuberta cónica con acabado de lousas sobre entramado de madeira. Propiedade privada, vese dende a estrada.

Acceso

En automóbil saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, son 9,9 quilómetros, uns 15 minutos. Débese seguir a AC-240 dirección norte pasando polos lugares de Barral e Santaia. Neste último xirar á dereita cara a área recreativa de Santaia e continuar recto ata o lugar de Outeiro, alí coller a man dereita na intersección e continuar recto 1,5 quilómetros ata o lugar de Mane alí xirar á esquerda e continuar 1,6 quilómetros despois alí xirar á dereita e continuar recto pasando polos lugares de Sartes e Carballiño, despois xirar ádereita na primeira pista e xa chegamos o recurso. Atópase ao lado da estrada e moi preto da igrexa parroquial de Santa María de Circes.
A pé seguindo o mesmo percorrido son aproximadamente 2 horas.
Arriba