PALLEIRA DE PEIXÓN

Etnográfico
530

Localización

Parroquia: Loxo (Santa María)

Lugar: Peixón

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 25.5" N - 8º 20' 49.1" W

Descrición

Edificación de planta rectangular e unha altura. A estrutura está feita de madeira e pedra, nun todo continuado. Esta situado sobre dúas paredes de madeira, a través das cales pasa a pista, é dicir, o hórreo ten unha anchura similar á da pista pola que pasan os coches. O tellado é a dúas augas. Recurso privado, visible dende a estrada. Moi próximo o hórreo de Outeiro.

Acceso

En automóbil son uns 4,2 quilómetros, uns 6 minutos saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal coller a estrada AC-240 dirección Ponte Ulla ata chegar a parroquia de Loxo, alí xirar á esquerda seguindo a sinalización. Continuar por esa estrada ata atopar un cruce a man dereita no lugar de Peixón, e xa veremos o recurso.
A pé son uns 56 minutos seguindo o mesmo percorrido.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba