IGREXA DE SAN XOÁN DE ANZO

Relixioso
582
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Anzo (San Xoán)

Lugar: Eirixe 7

36512  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 43' 05.3" N - 8º 11' 57.5" W

Descrición

Destaca pola abundancia e pureza dos seus elementos románicos do século XII. A ábsida rectangular, presidida polo Agnus-Dei, conserva canzorros e ventá de unha arquivolta sobre columnas acaroadas de capiteis con follas, fustes lisos e bases decoradas con garras, cunha seteira no centro. Portada lateral dunha arquivolta, sobre columnas con capiteis piramidais, decorados con trazos que forman rombos e ángulos, tamén follas redondas. O tímpano está adornado con dúas filas de círculos de cinco radios. Os muros norte e sur conservan os canzorros e as ventás seteiras.

No interior destacan os dous arcos que hai na ábsida, o triunfal e un arco, ambos sostidos por columnas con capiteis decorados con grandes follas e bases decoradas con garras. A fachada occidental ou principal é moderna.

Acceso

Dende Lalín coller a N-525 ata chegar a Prado donde se debe virar a dereita pola EP-6005 (Dirección O Corpiño), seguir por esta estrada ata Eirixe donde se atopa a igrexa. Tempo: 18 min. Distancia: 14,2 km.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba