CASA REITORAL DE SANTA EULALIA DE LAGO

Civil
283

Localización

Parroquia: Lago (Santa Eulalia)

Lugar: A Áspera

27878  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 20.0" N - 7º 29' 21.6" W

Descrición

Edificación de planta cadrada, muros de cachotería revocados en branco. Cuberta a dúas augas de lousa, a destacar nela a cheminea de mampostería. Vanos rectangulares e carpintería de madeira. Situada a carón da estrada local, fronte á Igrexa parroquial.

Acceso

Saíndo de Xove pola rúa Acceso ao Campo de Fútbol, e despois de 1 km xa aparece a igrexa parroquial de Lago fronte á cal se atopa a reitoral.
Arriba
Axúdanos a mellorar!