CASA TEIXIDE. CASA CON MIRADOR

Civil
533

Localización

Parroquia: Lago (Santa Eulalia)

Lugar: Beltrán 1

27878  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 05.7" N - 7º 28' 49.4" W

Descrición

Edificación tradicional de planta baixa e planta alta. Muros de cachotería revestidos de morteiro e branqueados nalgunha das súas caras. Elementos de cantería en vanos e cornixas. Balconada en dous dos seus alzados, sostida no principal por piares de sección cuadrangular e no lateral por unha galería con carpintería de madeira. Cuberta a catro augas formada por un entramado de madeira e cubrición de lousa con limas en tella cerámica curva, da cal, destaca o lucernario de sección octogonal e cuberta en lousa e tella cerámica curva. Situada na intersección entre a estrada autonómica LU-862 e unha a da Deputación LU-P-2602, nunha contorna formada por prados, monte alto e edificacións tradicionais illadas.
Na actualidade funciona como Hospedaría.

Acceso

Dende a Avenida da Deputación de Xove, continuar pola estrada autonómica LU-862 dirección San Cibrao, a casa atópase á beira esquerda da estrada a 3,5 km aproximadamente.
Arriba