HÓRREO DO PAZO DE MAZAIRA

Etnográfico
557
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Martiño de Oleiros (San Martiño)

Lugar: O Vilariño

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 27.6" N - 7º 58' 25.6" W

Descrición

Hórreo de seis vans con pés dereitos corridos. Os pórticos son de cadeirado de granito sendo as paredes de madeira. Cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre entramado de madeira. En unha das fontes, e máis concretamente no cumio, atópase un catavento. Foi restaurado polo seu propietario.

Acceso

Pola estrada DP – 4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada un quilómetro e desviarse pola estrada Camiño de Santiago en dirección San Salvador/Vilamor/Vilouriz. Percorrer por esta estrada catro quilómetros aproximadamente ata chegar á Ponte da Pedra (Ponte sobre o río Furelos) onde nos desviaremos á dereita por unha pista municipal pola cal chegaremos ao destino tras percorrer dous quilómetros.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba