MUÍÑO DE PORTOLAR

Etnográfico
428
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ordes (Santa María)

Lugar: Portolar

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 56.6" N - 7º 59' 32.7" W

Descrición

Muíño de planta rectangular, con muros de cachotería e cuberta a dúas augas. O seu estado é relativamente bo, se ben pódese atopar maleza que co tempo pode dificultar a súa visión. Nun dos laterais da porta de acceso conserva unha pedra saínte que facilitaba a carga e descarga dos sacos de semente antes ou despois da moenda.

Acceso

Pola estrada DP–4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada cinco quilómetros e desviarse á dereita por vía municipal e percorrer aproximadamente douscentos metros ata chegar a un desvío á dereita cara o lugar de Portolar e outros douscentos metros ata chegar á finca onde se atopa o destino.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!