Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Travesía Currás 34
36214 Vigo - Pontevedra
Realizamos diferentes actividades, en pleno contacto coa natureza e coñecéndoa, para gozala mentres descubrimos todos os segredos e valoramos o patrimonio natural, cultural, etnográfico ou inmaterial.
O noso entorno é realmente incrible, con innumerables lugares únicos que ofrecen condicións ideais para contemplar o ceo nocturno. Experimenta as estrelas en todo o seu esplendor, sen contaminación lumínica que interfira na túa vista. É como ter unha manta de estrelas para arrouparte mentras soñas coas súas historias e lendas. De feito, hai unha incrible ubicación cercana que foi recoñecida como Destino Starlight: o Parque Nacional.
Durante a túa visita, terás a oportunidade de aprender dun guía astrónomo experto. Sinalaravos as estrelas máis brillantes, axudaravos a orientarvos e ensinará sobre as constelacións e a maxia que temos no ceo brillante.
Espéravos unha noite inesquecible, ¡así que non a perdas!
Actividade dependente de meteoroloxía e estado do mar.
A empresa asesoraravos sobre a mellor opción para acceder ás illas.
Posibilidade de realizalo en terra firme ou no Parque Nacional.
Maxestuoso, espectacular, incrible…
Deixarate sen palabras.
Non o visites…. Coñéceo, enténdeo, descúbreo…Víveo!!
O único Parque Nacional de Galicia, a máxima figura de protección medioambiental. Moito máis que praias!!
Ven coñecer tódolos seus segredos da man dun guía acreditado e experto na materia.
Non deixes ningún dos seus arquipélagos esquecidos: Cíes, Ons, Sálvora ou Cortegada, todos eles te sorprenderán.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración