CRUCEIRO DE SANTAIA DE LIÁNS

Etnográfico
753

Localización

Parroquia: Liáns (Santaia)

Lugar: Lóngora

15179  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 03.1" N - 8º 21' 07.3" W

Descrición

Cruceiro de estilo barroco, realizado en pedra granítica. Sobre unha plataforma de tres bancadas ápoiase un pedestal cuadrangular. Fuste de sección cuadrangular, liso. Capitel de sección cuadrangular, tamén liso. Cruz de sección rectangular, con Cristo Crucificado, con catro cravos, cabeza levantada, mans pechadas, coroa de espiñas, pano de pureza e inscrición de INRI.

Acceso

Dende Oleiros tómase a estrada cara a Santa Cruz. Antes de chegar existe desvío cara á esquerda a Liáns. Ao chegar á igrexa de Santaia de Liáns, o cruceiro atopámolo en fronte á fachada principal da igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!