IGREXA DE SANTA COMBA DE BANDE

Relixioso
503

Localización

Parroquia: Santa Comba (San Trocado)

Lugar: Santa Comba

32846  Bande - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 24.9" N - 8º 00' 15.3" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular e muros de cadeirado granítico, presbiterio mais elevado e sancristía acaroada a o muro. Porta con lintel e oco circular superior. Cornixas curvas nas ramplas e recta no cume con remate de pináculos de bola nos extremos. Espadana de dous arcos xemelgos, cornixa con molduras dos pináculos a os lados e remate con frontón de forma de campá, con arco de medio punto e cruz de pedra na cima.

Acceso

A 10,6 km. do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. No km. 9,9 desviarse á man dereita, a 700m. está a igrexa.
Arriba