CAPELA DE VILELA

Relixioso
488

Localización

Parroquia: Os Baños (San Xoán)

Lugar: Vilela

32848  Bande - Ourense

Coordenadas:
41º 59' 38.6" N - 7º 58' 33.7" W

Descrición

Capela rectangular con muros de mampostería, porta con lintel e enmarcada facendo un arco cego de medio punto na colocación das pedras. Cuberta en tella a dúas augas. Espadana sinxela cun arco e remate con cruz de pedra.

Acceso

A 5,7 km. do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. Xirar á dereita (km 4,7). Seguir pola estrada 1km. ata o recurso.
Arriba