IGREXA DE PONTE CADÓS

Relixioso
152

Localización

Parroquia: Cadós (Santiago)

Lugar: Ponte Cadós

32849  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 20.2" N - 7º 59' 30.8" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular e presbiterio mais elevado con muros de bo cadeirado. Portada de arco de medio punto formado por grandes doelas, pináculos de bola ós laterais e espadana de dous arcos xemelgos con arquitrabes no arranque da volta dos arcos, frontón triangular cun arco no centro e nos costados pequenos pináculos de bola.

Acceso

A 3,3 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. Xirar á dereita a 280m cara a estrada OU-1212. Xirar á esquerda a 1,5km. Xirar á dereita despois de 700m. Todo recto ata o recurso. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!