CAPELA DE PAZOS

Relixioso
508

Localización

Parroquia: Cadós (Santiago)

Lugar: Pazos

32849  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 53.7" N - 7º 59' 24.7" W

Descrición

Capela de planta rectangular e con muros de cachotería de pedra. Na fachada principal portalón de entrada en arco de medio punto co releve dun cáliz no perpiaño central, dous pequenos ocos ou ventás a ambos lados e espadana sinxela de un arco e remate en cruz. Cuberta de tella a dúas augas.

Acceso

A 3,4 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. Xirar á dereita a 280m cara a estrada OU-1212. Xirar á esquerda a 1,5km. Xirar á esquerda despois de 900m. Todo recto ata o recurso. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!