CAPELA DE RUBIÁS

Relixioso
536

Localización

Parroquia: Cadós (Santiago)

Lugar: Rubiás

32849  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 09.8" N - 7º 59' 12.1" W

Descrición

Capela de planta rectangular e muros de bo cadeirado granítico. Porta con arco de medio punto e pequenas ventás os lados. Cornixa recta no centro e sobre as esquinas pináculos de bola. Espadana de dous corpos, o primeiro de dous arcos xemelgos con arquitrabes no terzo superior e cornixa saliente, e o segundo dun solo arco con remate dun pequeno frontón cun oco circular no centro e en corpo bulboso na cima.

Acceso

A 2,8 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. Xirar á dereita a 280m cara a estrada OU-1212. Xirar á esquerda a 1,5km. Xirar á esquerda despois de 700m. Todo recto ata o recurso.
Arriba