PENSION LIRESCA

Pensións - 3 Estrelas
350
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lires (Santo Estevo)

Lugar: Lires 31

15138  Cee - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 51.8" N - 9º 14' 40.2" W
+34 981 464 395
+34 661 464 345

Contacto para reservas

Descrición

LIRESCA é unha antiga masía do século XIX que foi restaurada conservando o encanto das aldeas galegas para proporcionar o servizo de aloxamento e cociña.

Atópase en Lires, no corazón da Costa da Morte. Pola súa porta pasa a Ruta Peregrina do Camiño de Santiago que leva desde Fisterra a Muxía, a Ruta e o Camiño dos Faros, así como varias rutas de sendeirismo e ciclismo de montaña.

A conxunción entre o ancestral e o moderno fan desta casa un elemento diferenciador na arquitectura de A Costa da Morte, ao mesmo tempo que está equipado coa máxima calidade e confort para que a estancia sexa o máis acolledora posible.

En LIRESCA dispós de:

HABITACIÓNS: oito habitacións con baño privado que teñen excelentes vistas ao mar e á ría de Lires.

COCIÑA: onde se pode degustar a gastronomía máis tradicional e auténtica da Costa da Morte.

SALÓN SOCIAL: chamado ESPAZO LIRESCA e onde podes empaparte da cultura e costumes da Costa da Morte. Con exposicións e eventos culturais. Con biblioteca literaria. E onde informan e organizan actividades turísticas.

TERRAZA DE MADEIRA CON PÉRGOLA E ZONA DE XARDÍN: onde podes relaxarte gozando de todos os seus servizos.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

Réximes

Almorzo
Xantar ou cea

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Bar cafetaría
Biblioteca
Calefacción central
Cuartos familiares
Fálase inglés
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Lavandaría
Restaurante
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza
Arriba
Axúdanos a mellorar!