CAPELA DO SANTO NOME DE XESÚS

Relixioso
541

Localización

Parroquia: Gargamala (Santa María)

Lugar: Mourelle

36875  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 51.9" N - 8º 27' 24.7" W

Descrición

Pequena capela tradicional de planta rectangular pouco desenvolvida e cuberta a dúas augas levantada en cantaría de mediana calidade (opus vittatum) que se sitúa á beira da estrada. Carente de ocos de iluminación, o acceso realízase a través dunha grande porta situada no eixo da fachada principal que se cubre cun arco de medio punto. O hastial aparece coroado por unha espadana dun único oco que acolle un pequeno sino.

Acceso

Acceso en coche dende estrada local.
Arriba