IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ANDRÉ DE MEIROL

Relixioso
655

Localización

Parroquia: Meirol (Santo André)

36877  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 12' 42.2" N - 8º 24' 58.8" W

Descrición

Pereira Molares sostén que "a igrexa presenta planta rectangular, que se remata nunha cabeceira cadrada, máis estreita e alta que o corpo principal. Apegada ao costal meridional do presbiterio disponse unha sancristía. Toda a fábrica é de cantaría.
A fachada principal organízase como un paramento liso, coroado por unha espadana, en cuxo eixo central se dispoñen a porta de entrada, rectangular e rodeada por unha guarnición, e a continuación, unha pequena fornela, na actualidade baleira, pero que debeu albergar, a imaxe do santo titular.
O frontispicio remátase mediante dúas cornixas que debuxan a dobre vertente da cuberta, entre as que se alza unha espadana, de dobre oco, coroada por un frontón triangular. Sobre os estremos da fachada e espadana, elévanse pináculos."

Acceso

Acceso en coche dende estrada provincial E.P. 4303
Arriba