IGREXA DE SANTA MARÍA DE TURCES

Relixioso
735

Localización

Parroquia: Turces (Santa María)

Lugar: Turces

15828  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 51.4" N - 8º 13' 56.6" W

Descrición

Igrexa sinxela de planta rectangular e muros de cachotería, ordinaria lucida con morteiro de cemento e pintada de branco. Os marcos de portas e xanelas, así como os esquinais son de cantería. Cuberta a dúas augas con remate de tella curva sobre entramado de madeira. Cabe destaca-las xambas e lintel decorados con deseño grecado e pequena fornela que alberga unha imaxe da Virxe. Por encima unha xanela sinxela para a iluminación. Espadana esvelta con dous ocos rematados con arco de medio punto, que aloxan sendas campás e frontón con oco circular, adornado con detalles en pedra.

Acceso

En automóbil saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, son 8, 3 quilómetros seguindo a estrada AC-240 dirección norte ata o lugar da Santaia, alí xirar a dereita cara Área recreativa de Santaia, continuar recto ata o lugar de Outeiro, alí xirar a dereita pasando por diante da igrexa de Santiago de Andeade e continuar recto ata a seguinte intersección onde hai que xirar a esquerda cara Turces, pasando polos lugar de Mane e continuar recto ata a seguinte intersección onde hai que xirar a dereita para incorporarse á CP 0605. Continuar uns 200 metros e despois xirar a esquerda seguindo a sinalización de Igrexa de Turces. A pé serían 7, 4 km, levando aproximadamente 1 hora e 36 minutos seguindo a estrada AC-240 dirección norte ata o lugar da Santaia, alí xirar a dereita cara Área recreativa de Santaia, continuar recto ata o lugar de Outeiro, alí continuar recto pasando polos lugares de A Eirexa, Andeade, Fonte Alvite, Merés. En Merés xirar a esquerda seguindo a sinalización cara a igrexa onde tamén se atopa este recurso.
Arriba