IGREXA DE SAN FIZ DE QUIÓN

Relixioso
612

Localización

Parroquia: San Fiz de Quión (San Fiz)

Lugar: San Fiz

15824  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 37.3" N - 8º 16' 55.2" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XVIII de estilo barroco. Planta en cruz latina con cruceiro e presbiterio destacados. Cachotería e cantería asentadas sen argamasa. Cubo da torre formando fachada, entrada principal embaixo de fondo arcaván de medio punto embaixo da torre. Corpo de campás con pilastras en esquina lisas, cornixa e temple octogonal con cupulín e pináculo. Muro norte: porta con interesante molduración de placas na que inverten os eixos e planos de conxunción dos elementos. Cruceiro con grandes piares, arcaváns torais de medio punto e bóveda de aresta. Presbiterio con arcaváns formeiros destacados e bóveda de aresta decorada con pinturas ao temple. Bóveda de canón en nave e brazos da cruz.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal son 4,6 quilómetros, uns 5 minutos collendo a estrada AC-240 dirección norte, pasando polos lugares de O Barral, Santaia, Bentín, neste último xirar cara a esquerda cara a DP-0605 seguindo a sinalización Santa Irene- Santiago e seguir ata atopar o recurso a man dereita.
A pé son 4, 1 qm, uns 56 min. Hai que continuar a AC-240 dirección Norte pasando polos lugares de Barral, Santaia e Bentín. Neste último xirar a esquerda e continuar por una pista que levaranos o lugar de Rozas e alí xirar a dereita e continuar ata a intersección coa DP 0605 onde teremos que xirar a esquerda para atopar o recurso.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!