IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE CABANAS

Relixioso
856

Localización

Parroquia: Cabanas (San Miguel)

Lugar: A Igrexa

15839  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 46.0" N - 8º 42' 06.8" W

Descrición

A igrexa actual foi construída a mediados do S XX debido ao mal estado da antiga igrexa parroquial. Empregouse na súa construción tanto ladrillo coma cadeirado de granito.  Ten unha fachada de inspiración barroca e unha torre que busca a tradición compostelá. 
Xunto coa casa reitoral e o centro cultural, forman un conxunto de gran fermosura.

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola AC-444 en dirección a Santa Comba, e nuns 4 Km xiramos á dereita en dirección a Santiago de Compostela pola AC-406. Noutros 4 Km xiramos de novo á dereita pola CP-0702, e nuns 600 m chegamos á igrexa, que atoparemos ao lado dereito. 
Arriba