IGREXA PARROQUIAL DE SANTA CRISTINA DE MARCELLE

Relixioso
758

Localización

Parroquia: Marcelle (Santa Cristina)

Lugar: Outeiro

15862  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 15.2" N - 8º 45' 02.9" W

Descrición

Foi construída no S XVII en estilo barroco con escasa decoración, e en séculos posteriores leváronse a cabo diversas modificacións, como a fachada e a torre (XIX) ou a actual bóveda e o coro alto (XX). No ano 1622 constrúese a capela do Anxo da Garda, cuxa devoción se mantén na actualidade. Non quedan restos da igrexa anterior, nin se conservan máis ermidas ou capelas na parroquia. Ademais da patroa, Santa Cristina, a igrexa alberga figuras da Inmaculada Concepción e de Santo Antonio de Padua.

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos a estrada AC-444 en dirección Santa Comba e a pouco máis de 3 Km xiramos á dereita cara a Outeiro, e despois de uns 300 m xiramos á dereita de novo para ir cara a igrexa parroquial.  

Estilos

Barroco
Arriba