IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA EN OUTEIRO

Relixioso
785
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Outeiro (Santa María)

Lugar: Outeiro

27320  Quiroga - Lugo

Descrición

Edificio relativamente moderno, de nave rectangular e co retablo maior neoclásico da segunda metade do século XIX. Os muros son de cadeirado de xisto seguindo a tradición. Esta a fachada principal recuberta e pintada. A cuberta é a dúas augas no corpo principal mentres que na capela maior é a catro augas, xa que este volume sube máis que o resto, e no resto da edificación a cuberta é a tres augas. Presenta unha gran espadana con dous ocos con campás e rematado cunha cruz feita en fundición. 

Acceso

Dende Quiroga collemos a estrada LU-933 (Rúa Real) e dirixímonos cara Ribeira do Hospital, cruzamos a ponte e collemos a estrada LU-623 que nos levara a unha bifurcación antes de chegar a poboación de Camposdevila onde teremos que coller pola estrada da dereita (LU-P-5001) seguir toda a estrada sen desviarse para chegar a Cruz de Outeiro. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba