IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA EN O SOBRADO

Relixioso
384
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Quintá de Lor (Santa María)

Lugar: O Sobrado

27391  Quiroga - Lugo

Descrición

Edificio de planta rectangular en T, reedificada en 1784 e restaurada recentemente, con retablo maior neoclásico de principios do século XIX. Mamposteria en xisto para os muros, cuberta a dúas augas en lousa sobre madeira. Os ocos son escasos e de pequeno tamaño. Presenta unha espadana con dous ocos que albergan sendas campás, estando rematada con 3 pináculos.

Acceso

Dende Quiroga collemos a N-120 en dirección Monforte, pasar de largo a poboación de Conceado onde se atopa o Hostal Río Lor ao lado dereito na nosa dirección, e ao chegar ao cruce de Paradela coller cara a dereita para chegar a estrada LU-933 seguímola en dirección Quiroga para chegar ao desvío dunha estrada secundaria que nos leva a poboación.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba