IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DE SEQUEIROS

Relixioso
709
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sequeiros (Santa Mariña)

Lugar: Sequeiros

27329  Quiroga - Lugo

Descrición

Edificio dunha soa nave que foi pasto das chamas durante a Guerra Civil. A planta é rectangular con muros realizados en cachotaría de xisto parcialmente recubertos e pintados. A cuberta é a dúas augas realizada en lousa sobre estrutura de madeira. Os ocos son escasos e de pequeno tamaño de carpintaría de madeira lacada. Presenta unha espadana con dous ocos onde alberga dúas campás, rematada por dous pináculos en cada extremo e no centro unha cruz metálica.

Acceso

Dende Quiroga collemos a N-120 en dirección a Rúa e ao pasar o Castelo de Torrenovaes vamos encontrarnos con un cruce sinalizado que nos permitirá desviarnos de cara a poboación de Sequeiros, pobo que se encontra as beiras do Río Sil.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba