CAPELA DE SAN XIAO DOS OSOS

Relixioso
965

Localización

Parroquia: Labacengos (Santa María)

Lugar: San Xiao de Arriba

15564  Moeche - A Coruña

Coordenadas:
43º 34' 50.0" N - 7º 56' 06.8" W

Descrición

Pequena capela de longa tradición, que testemuña a existencia dun vello camiño a San Andrés, agora en desuso. Exteriormente debemos falar dunha sobriedade imposta pola pobre obra de mantemento de 1973, na que desapareceron practicamente todos os ornamentos exteriores, a excepción do motivo heráldico do mosteiro de Oseira da fachada traseira, gran propietario na zona da parroquia de Labacengos ata o século XIX. Consta dunha fachada principal dividida en tres corpos por dúas franxas que ascenden para dar lugar a base da espadana de cemento, e dun tellado a dúas augas de uralita. No interior, o espazo divídese en dúas estancias, atopando na primeira dous sartegos medievais que flanquean a entrada, conservada da obra do século XVIII, á segunda estancia, na que atopamos un retablo propio do barroco final tamén do XVIII, no que destaca a variedade estatuaria de gran calidade.

Acceso

Dende o núcleo municipal, acceder a estrada de Ortigueira (AC-862) e avanzar por ela ata o cruce sinalizado, onde haberá que desviarse á dereita cara o concello de Somozas (estrada CP-4904). No seguinte cruce  sinalizado, virar á dereita en dirección “Labacengos” e continuar pola estrada cara a Igrexa parroquial (AC-4902). Coller a volta da Igrexa e continuar nesa mesma estrada durante 8,9 km ata chegar á capela de San Xiao. 

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba