IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VILASTER

Relixioso
625
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaster (Santa María)

Lugar: Vilaster

27390  Quiroga - Lugo

Descrición

Edificio de planta rectangular realizado no século XVIII e retablo maior de estilo neoclásico da segunda metade do século XIX. Os muros son de cachotería de xisto e a cuberta a dúas augas na nave principal e a catro na capela maior, a sancristía presenta un acabado a tres augas, todas as cubertas están realizadas en lousa cunha estrutura de madeira. Os vanos que se presentan no edificio son escasos. Na fachada levantase unha espadana de grandes dimensións ao estilo barroco con dous ocos que gardan as campás, adornando dous pináculos que gardan a cruz, un a cada lado.

Acceso

Dende Quiroga collemos a N-120 en dirección A Rúa ata chegar o cruce que nos permite cruzar cara a poboación de Bendillo, xa na estrada LU-933 collémola pola dereita como se seguimos o sentido cara A Rúa, seguindo o rumbo chegaremos a un desvío sinalizado que sube para arriba que nos leva directos a vila de Vilarmel.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba