CRUCEIRO DO BARRAL

Etnográfico
184

Localización

Parroquia: Touro (San Xoán)

Lugar: O Barral

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 06.9" N - 8º 18' 01.1" W

Descrición

Realizado en granito. Cruz de sección circular, leñosa con nós, ten as figuras de Cristo crucificado no anverso e da Virxe Dolorosa no reverso; capitel de forma cuadrangular, moldurado; pedestal cuadrangular decorado con símbolos da Paixón: serpe, coroa de espiñas, cravos, martelo, tenaces, hisopo, corazón, espada e disciplina, sobre plataforma cuadrangular de tres chanzos realizada con laxas de lousa.

Acceso

En automóbil son 600 metros, uns 2 minutos saíndo da capital municipal, pola AC-240 dirección norte, pasar polo lugar de Barral xirando na primeira pista a dereita, continuar uns 200 metros e o recurso estará a man dereita.
A pé son uns 8 minutos polo mesmo recorrido.
Arriba