CRUCEIRO DO ADRO EN BENDAÑA

Etnográfico
734

Localización

Parroquia: Bendaña (Santa María)

Lugar: Bendaña

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 38.5" N - 8º 20' 14.5" W

Descrición

Realizado en granito. Cruz de sección cuadrangular, ten as figuras de Cristo no anverso e da Virxe en actitude de orar no reverso; capitel de forma cuadrangular con molduras; fuste de sección octogonal que comeza e remata cadrado; pedestal de forma cúbica rematado con chafráns que se asenta sobre unha rocha.

Acceso

En automóbil son 11 quilómetros, uns 18 minutos dende a capital municipal, Fonte Díaz. Hai que seguir a AC- 240 dirección Ponte Ulla ata sair de Fonte Díaz, onde xiraremos a esquerda seguindo a sinalización de Foxás- Bendaña. Continuaremos por esa estrada ata Obra, alí xirar a dereita e continuar recto ata o lugar de Bendaña. Neste punto veremos a Igrexa parroquial onde se atopa o recurso.
A pé seguindo o mesmo percorrido levaría aproximadamente 2 horas.
Arriba