CRUCEIRO DE ÁNIMAS DAS CINCO RÚAS

Etnográfico
791
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Roxelio Lois s/n

36002  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 00.9" N - 8º 38' 45.9" W

Descrición

Unha inscrición que percorre as súas catro caras que informa sobre a data de construción: 1773.
Na parte inferior aparecen  Adán e Eva baixo unha maceira no momento en que Eva colle a mazá da árbore. Á dereita destas figuras esténdese unha serpe que vai dende a base, debaixo de Adán e Eva na parte frontal, percorrendo todo o lateral ata a altura do remate da arbore. Pola outra banda hai dúas pequenas figuras de ánimas en medio das chamas, en enriba delas poder verse un relevo cos instrumentos da paixón. Pola parte posterior hai outra inscrición que pide unha pregaria pola alma dos penitentes no purgatorio.
Enriba deste conxunto, disponse Santo Antonio de Padua levando no colo ao neno Xesús. E máis arriba no fuste inda hai outra pequena figura que representa a Santo André.
O capitel presenta unha versión xeométrica e simplificada de follas de acanto e volutas cun anxo entre cada par de volutas.Na cruz pola parte frontal,  vemos un cristo acompañado dun monxe. Pola outra beira temos a Virxe portando ao neno.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!