CRUCEIRO DE ÁNIMAS DO MOUCHO

Etnográfico
285
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Marcón (San Miguel)

Lugar: A Barcia

36158  Pontevedra - Pontevedra

Descrición

Cruceiro sobre catro chanzos de pedra. Base prismática da que xorde un groso fuste octogonal, ao que se pega o retablo e a figura de Santo Antonio. O retablo de ánimas está metido dentro dunha fornela que remata en arco, dentro da cal se aprecia unha cruz coa figura do Salvador. O caixón das esmolas, agora sen porta de ferro, está por debaixo dos fieis en fileira. Capitel sinxelo, con tres cabezas de anxos no medio e unha caveira sobre a que se levanta a cruz, aos pés de Cristo crucificado. Pola parte traseira aparece unha Virxe co Neno nos brazos e dous anxos que sostén a súa coroa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!