CRUCEIRO DE SOESTO

Etnográfico
991

Localización

Parroquia: Soesto (Santo Estevo)

Lugar: Soesto de Abaixo

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 02.1" N - 9º 00' 54.1" W

Descrición

Cruceiro realizado en granito, que se apoia sobre unha plataforma con tres bancadas e un pedestal cúbico rematado en chafráns.

O fuste é de sección cilíndrica, liso e culminado por un sinxelo capitel. Sobre él unha cruz de remates florenzados con botón central, cun Cristo crucificado e unha Virxe en actitude orante. A este cruceiro vai a procesión do Sacramento, no mes de xullo. A tradición é decoralo con flores desde o pedestal ata a cruz. 

Arriba