CRUCEIRO DE ÁNIMAS DEL PUENTE DEL RÍO RONS

Etnográfico
641
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)

Lugar: Leborei

36152  Pontevedra - Pontevedra

Descrición

Cruceiro de fuste alto, que comeza cadrado e finaliza octogonal. Este fuste ten, por enriba da fornela, dous santos, e mostra un capitel sinxelo con catro cabezas de anxos, unha por cada lado. O Cristo crucificado mira cara a abaixo e ten á súa esquerda un San Francisco de xeonllos co Santo Grial nas mans. Polo reverso, a Virxe de pé co Neno Jesús no regazo e dous anxos sostendo a súa coroa. Presenta un retablo pola parte dianteira en forma de táboa, no que a vai a Cristo cravado na cruz, asistido por San Francisco e a Virxe á dereita. O Cristo carece de peito, cabeza e brazos e o San Francisco non ten cabeza. Nun nivel inferior existe unha fileira de catro fieis, un deles desaparecido.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba