CRUCEIRO E PETO DE ÁNIMAS DA PONTE ROMÁNICA DA RAMALLOSA

Etnográfico
1217
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Lugar: Sabarís

36393  Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 54.9" N - 8º 48' 45.9" W

Descrición

Sitúase sobre a ponte románica do río Miñor.
Na metade da ponte consérvase un cruceiro, que ten ós seus pés unha imaxe de San Telmo, patrón dos navegantes e a quen a historia lle recoñece o ter mandado construír.
Debaixo da ponte hai un peto de ánimas que representa as ánimas en pena. Ata hai poucas décadas, xunto desta ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade. Segundo a tradición a muller encinta que non lograba ter fillos conxuraba ó seu fado adverso vertendo sobre o seu ventre auga do río. O conxuro, para ser efectivo, debía realizarse ás 12 da noite, debendo apadriñar á criatura áprimeira persoa que atravesase a ponte despois do conxuro.

Acceso

A 3 km. do núcleo principal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba