PONTE DE ISABEL II

Civil
1076

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

Avenida de Galicia

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 45.8" N - 7º 51' 02.3" W

Descrición

Ponte popularmente coñecida como "a ponte nova", construída en 1862 para dar paso á antiga estrada de Castilla ou, o que é o mesmo, a estrada C-641 Rábade-Ferrol. Sitúase sobre o río Eume nunha das entradas da vila pontesa. Destaca polo emprego de bos perpiaños de cantería en todo o conxunto. Consta de tres vans do mesmo tamaño trazados con arcos de medio punto rebaixados que apoian nuns muros continuos rematados de forma semicircular, a xeito de piares sobresaíntes. Os arcos teñen uns 6 m. de luz e unha altura máxima de 4 m. Nos extremos a ponte apóiase en macizos contrafortes de pedra. Na parte superior péchase con anchos muros de cadeirado granítico, onde cara a o interior -cara ao lado da estrada- e no seu centro pódese ler en ambos os dous unha tarxeta de granito onde aparece inscrita unha frase recordando a época de construción: "Reinando Dª Isabel II".

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!